1. |
Morte Negra
04:16
|
|||
A apoteose da maldade
é especular coa comida de quen ten fame.
Estamos asistindo a un tempo
no que se intenta
reafirmar
un sistema baseado
na fame dos máis,
o traballo alleo
Baixo o xugo das
novas superpotencias
reafirmar
un sistema baseado
na fame dos máis,
o traballo alleo
e a morte
dos que non contan
Chega a morte negra
Todo baixo o xugo da ameaza,
das armas, da máis poderosa,
a munición máis mortífera,
o diñeiro
Baixo o xugo das empresas
as vellas superpotencias
Sangue, historia escrita con sangue,
sangue que segue correndo,
sangue que segue cheirando
E nós aquí
ensuciándono-los pés,
e eles vendo que non
temos para comer
Debe remata-lo tempo dos
emperadores de forca e coitelo
e rematará só a forca e coitelo.
|
||||
2. |
Sombras de Deus
06:35
|
|||
Viña montada nun cabalo baio, macilento, coma as súas mans, avasaladoras,
coma as súas caras, inquisidoras, coma os seus corpos, podres.
Viven grazas á ignorancia, coma no medievo, aproveitándose das masas,
Saben das súas barbaridades, a súa simple existencia é dos peores males da terra
que din que aman
que din servir e acariñar ata o final.
Que din amar
a unha xente á que exprimen ata o derradeiro can.
Nada preciso da vosa mentira, da vosa miserenta existencia. Nada. Nada.
Pretendedes enxugar ao mundo
escudándovos nun ser invisible
Eu porfío na crenza dun ser superior,
é o home. Tan só
preciso saber que eu son meu deus
sen ter que render contas a ninguén
Cánto máis necesitades para ver
(cánto máis) a súa maldade
e as mentiras
Cando non queden máis que cirios queimados sí nos imos
encher de ledicia... mentres...
conspiraremos procurando a vosa destrucción
moito máis forte, moito máis rápido do que o profeta poida ver
Tan só quero ser un servo inútil de deus
Aborrecido polas súas sombras, desdeñado polos seus fieis.
A sociedade é refén dunha oligarquía de luva branca e sangue fría.
Non queremos ser escravos dunhas crenzas equivocadas, de igrexas de guerras encarnizadas.
Nunca aceptaremos esa santidade, esa falsa superioridade, nin tampouco esa hipocrisía que vos domina, corpos podres, porcos podres.
Cánto máis necesitades para ver
(cánto máis) a súa maldade
e as mentiras
Eu porfío na crenza dun ser superior,
é o home. Tan só
preciso saber que eu son meu deus
sen ter que render contas a ninguén
|
||||
3. |
Alimentado Odio
06:23
|
|||
No seu xadrez de vidas humanas humanas
sempre a torre esnaquiza ó peón.
Non empañan a súa conciencia coa venta de armas coa venta de armas
mentres cantan proclamas á paz. proclamas á paz.
Señores sen vida señores da morte gobernos conspirando día e noite.
Señores sen vida señores da morte gobernos conspirando día e noite.
Malditos asasinos, covardes, bastardos, agachados
unhos tras da súa barba e outros do bigote.
Señores sen vida señores da morte gobernos conspirando día e noite.
Señores sen vida señores da morte gobernos conspirando día e noite.
Nunca importaron as vidas, as almas... tantas promesas,
tantas... de liberdade, perdidas voando no aire
tantas... de liberdade,
Os cadáveres mornes ergueranse clamando
Os cadáveres mornes
dignidade, sangue, xustiza, vinganza e morte.
dignidade, sangue,
Enganando ao seu pobo, criando as larvas da ira en nós.
Enganando ao seu pobo, criando as larvas da ira en nós.
Enfrontando, encirrando, botando a semente do odio.
Enfrontando, encirrando, botando a semente do odio.
Alimentando odio… Alimentando odio…
Alimentando odio… Alimentando odio…
Levándonos a unha longa noite de morte.
Xogando coa vida... xogando coa morte...
Xogando coa vida... xogando coa morte...
Alimentando odio… Alimentando odio…
Alimentando odio… Alimentando odio…
Só contan terras, só contan cartos, e os seus desexos de grandeza.
os seus intereses non entenden nin de sufrimento nin de nobleza.
Somos guiados por un teatro noxento de monicreques
guiando unha montura vermella enfrontando irmáns contra irmáns
guiando unha montura vermella
procurando a ruína, a vergoña, e o odio ás nacións.
procurando a ruína,
|
||||
4. |
Pésimos Soños de Derrota
08:07
|
|||
Nos miolos ermos prevalece o medo.
Nos miolos ermos
O pesadelo da ignorancia é real.
O cabalo da vitoria vén engalanado de luz e branco
O cabalo da vitoria
Agasallando felicidade aos seus años.
Un noxento rabaño parvo que ainda se cre ceibo
é alimentado a reo con pesadelos
que eles ven coma soños, que son os soños que viven outros.
Pero as miñas noites están Pero as miñas noites están
cheas de pésimos soños, cheas de pésimos soños,
pésimos soños de derrota… pésimos soños
Nunca besta negra matando de fame, xogando ó xogo do capital.
Nun cabalo baio matando as ideas, dicíndoche o que tés que pensar.
Nunha montura vermella que está agardando á espreita sen importarlle o seu pobo.
E sobre o branco impoluto cabalga a vitoria invocada
polos outros tres
que a queren manter
obturando as mentes
febles…
Vivides na inopia, sen criterio.
Credes o que vos contan, non vos importa.
Seguide soñando na vosa vida leda obviando unha realidade de merda.
Despreocupados das mil miserias sen darvos conta de cánto vos afectan.
Cegados pola ignorancia…
Non podedes ver, Non podedes ver,
ver ós xinetes. ver ós xinetes.
Nunca descansan, Nunca descansan, veñen por nós. veñen por nós.
¡Quero escapar! ¡Quero escapar! ¡Veñen por nós! ¡Veñen por nós!
¡Non me collerán! ¡Vivo non me collerán! ¡Veñen por nós! ¡Veñen por nós!
¡Veñen por nós! ¡ veñen por nós !
¡Quero escapar! ¡Veñen por nós! ¡Veñen por nós!
¡Non me collerán! ¡Vivo non me collerán! ¡Veñen por nós! ¡Veñen por nós!
Pésimos soños… Pésimos soños… Uuuuuaaaaaaarrrrggggghhhhh
|
Streaming and Download help
If you like Morne, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp