We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Os Catro Xinetes - previo

by Morne

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Morte Negra 04:16
A apoteose da maldade é especular coa comida de quen ten fame. Estamos asistindo a un tempo no que se intenta reafirmar un sistema baseado na fame dos máis, o traballo alleo Baixo o xugo das novas superpotencias reafirmar un sistema baseado na fame dos máis, o traballo alleo e a morte dos que non contan Chega a morte negra Todo baixo o xugo da ameaza, das armas, da máis poderosa, a munición máis mortífera, o diñeiro Baixo o xugo das empresas as vellas superpotencias Sangue, historia escrita con sangue, sangue que segue correndo, sangue que segue cheirando E nós aquí ensuciándono-los pés, e eles vendo que non temos para comer Debe remata-lo tempo dos emperadores de forca e coitelo e rematará só a forca e coitelo.
2.
Viña montada nun cabalo baio, macilento, coma as súas mans, avasaladoras, coma as súas caras, inquisidoras, coma os seus corpos, podres. Viven grazas á ignorancia, coma no medievo, aproveitándose das masas, Saben das súas barbaridades, a súa simple existencia é dos peores males da terra que din que aman que din servir e acariñar ata o final. Que din amar a unha xente á que exprimen ata o derradeiro can. Nada preciso da vosa mentira, da vosa miserenta existencia. Nada. Nada. Pretendedes enxugar ao mundo escudándovos nun ser invisible Eu porfío na crenza dun ser superior, é o home. Tan só preciso saber que eu son meu deus sen ter que render contas a ninguén Cánto máis necesitades para ver (cánto máis) a súa maldade e as mentiras Cando non queden máis que cirios queimados sí nos imos encher de ledicia... mentres... conspiraremos procurando a vosa destrucción moito máis forte, moito máis rápido do que o profeta poida ver Tan só quero ser un servo inútil de deus Aborrecido polas súas sombras, desdeñado polos seus fieis. A sociedade é refén dunha oligarquía de luva branca e sangue fría. Non queremos ser escravos dunhas crenzas equivocadas, de igrexas de guerras encarnizadas. Nunca aceptaremos esa santidade, esa falsa superioridade, nin tampouco esa hipocrisía que vos domina, corpos podres, porcos podres. Cánto máis necesitades para ver (cánto máis) a súa maldade e as mentiras Eu porfío na crenza dun ser superior, é o home. Tan só preciso saber que eu son meu deus sen ter que render contas a ninguén
3.
No seu xadrez de vidas humanas humanas sempre a torre esnaquiza ó peón. Non empañan a súa conciencia coa venta de armas coa venta de armas mentres cantan proclamas á paz. proclamas á paz. Señores sen vida señores da morte gobernos conspirando día e noite. Señores sen vida señores da morte gobernos conspirando día e noite. Malditos asasinos, covardes, bastardos, agachados unhos tras da súa barba e outros do bigote. Señores sen vida señores da morte gobernos conspirando día e noite. Señores sen vida señores da morte gobernos conspirando día e noite. Nunca importaron as vidas, as almas... tantas promesas, tantas... de liberdade, perdidas voando no aire tantas... de liberdade, Os cadáveres mornes ergueranse clamando Os cadáveres mornes dignidade, sangue, xustiza, vinganza e morte. dignidade, sangue, Enganando ao seu pobo, criando as larvas da ira en nós. Enganando ao seu pobo, criando as larvas da ira en nós. Enfrontando, encirrando, botando a semente do odio. Enfrontando, encirrando, botando a semente do odio. Alimentando odio… Alimentando odio… Alimentando odio… Alimentando odio… Levándonos a unha longa noite de morte. Xogando coa vida... xogando coa morte... Xogando coa vida... xogando coa morte... Alimentando odio… Alimentando odio… Alimentando odio… Alimentando odio… Só contan terras, só contan cartos, e os seus desexos de grandeza. os seus intereses non entenden nin de sufrimento nin de nobleza. Somos guiados por un teatro noxento de monicreques guiando unha montura vermella enfrontando irmáns contra irmáns guiando unha montura vermella procurando a ruína, a vergoña, e o odio ás nacións. procurando a ruína,
4.
Nos miolos ermos prevalece o medo. Nos miolos ermos O pesadelo da ignorancia é real. O cabalo da vitoria vén engalanado de luz e branco O cabalo da vitoria Agasallando felicidade aos seus años. Un noxento rabaño parvo que ainda se cre ceibo é alimentado a reo con pesadelos que eles ven coma soños, que son os soños que viven outros. Pero as miñas noites están Pero as miñas noites están cheas de pésimos soños, cheas de pésimos soños, pésimos soños de derrota… pésimos soños Nunca besta negra matando de fame, xogando ó xogo do capital. Nun cabalo baio matando as ideas, dicíndoche o que tés que pensar. Nunha montura vermella que está agardando á espreita sen importarlle o seu pobo. E sobre o branco impoluto cabalga a vitoria invocada polos outros tres que a queren manter obturando as mentes febles… Vivides na inopia, sen criterio. Credes o que vos contan, non vos importa. Seguide soñando na vosa vida leda obviando unha realidade de merda. Despreocupados das mil miserias sen darvos conta de cánto vos afectan. Cegados pola ignorancia… Non podedes ver, Non podedes ver, ver ós xinetes. ver ós xinetes. Nunca descansan, Nunca descansan, veñen por nós. veñen por nós. ¡Quero escapar! ¡Quero escapar! ¡Veñen por nós! ¡Veñen por nós! ¡Non me collerán! ¡Vivo non me collerán! ¡Veñen por nós! ¡Veñen por nós! ¡Veñen por nós! ¡ veñen por nós ! ¡Quero escapar! ¡Veñen por nós! ¡Veñen por nós! ¡Non me collerán! ¡Vivo non me collerán! ¡Veñen por nós! ¡Veñen por nós! Pésimos soños… Pésimos soños… Uuuuuaaaaaaarrrrggggghhhhh

credits

released March 18, 2014

license

all rights reserved

tags

about

Morne Lalín, Spain

contact / help

Contact Morne

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Morne, you may also like: