We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Demo

by Morne

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Intro 01:22
2.
Tempo atrás a nosa xente coidaba do seu cousa que se perdeu Non fai moito só se tomaba por necesidade e agora tanto ten Qué herdamos... Esquilmar as terras, esgotar colleitas, deforestar por gañar catro pesos máis Nunca máis a nosa terra poderá perdoar as feridas (inflixidas) ó seu chan Qué herdamos e qué deixaremos en pé... cinzas dos devanceiros ¿Estamos no mundo para o arrasar? coa economía salvaxe, sen piedade, ¿qué deixará tras de si o capital? Ríos cheos de metais pesados para regar as colleitas que mañá comerás Montes de lume que arderán asolagados pola cobiza dalgún can Qué herdamos e qué deixaremos Terras esnaquizadas por máquinas para construír outra nova cidade de verán Gases, vapores acedos no ar que disfrutamos tódolos días ao respirar Qué herdamos e qué deixaremos en pé... cinzas dos devanceiros ¿Estamos no mundo para o arrasar? coa economía salvaxe, sen piedade, ¿qué deixará sen piedade tras de si sen piedade o capital? sen piedade ¿Cántas veces a nosa terra poderá perdoar?
3.
Moendo 04:31
¿quen ten o poder quen nos domina ? ¿quen pon as súas leis nas nosas vidas? Como se fosemos gando Coutan e muxen en nos Usando a falsa xustiza Puta sempre ao seu favor Ladróns que nos poñen as leis Enchen o saco Políticos curas e reis Dende o seu pazooo…. Póñenlle prezo a vida E cobran tamén da morte Abrennos tantas feridas Para non saber nin cal nos doe Aquí fan unha guerra Creando enfermidades Esquécense dos nenos Da xente que morre de fame Regos de sangue e dor Corren polas súas mans Queren e rinse de nos E poderíano pagar… ¿ Quen ten o poder quen nos domina ? ¿Quen pon as súas leis nas nosas vidas? Os ricos fanse mais ricos Os pobres vanse morrendo E os que quedan ven a vida Como se vai podrecendo.. Ben sei que vos dades conta Que nos estades moendo Empezade a terme medo Pois eu estouvos temendo Nos estades moendo… Empezade a terme medo… Soltade o saco… Iredes para o burato…. ¿Quen ten o poder quen nos domina? ¿Quen pon as súas leis nas nosas vidas?
4.
Alén 06:54
Síntome soio mátame a tristura, síntome atado a unha pecha amargura Paso o tempo vivindo no inferno, escravo do fado Pasa o tempo e segue o lamento, e xa non sae, afincouseme dentro Noites escuras ollando pro teito, sepúltanme as lapas neste pesadelo Pecho os meus ollos e fico en silencio, busco refuxio, agocho o meu medo Aterrorízame pensar en mañán, aterrorízame pasar un día máis os días son fríos e as noites moi escuras Encerrado no cárcere da vida Condeado á inxustiza que é vivir Cercado entre catro paredes Agonizando entre estas catro paredes Soñaba con acadar as ilusións e vivir Soñaba con ser eu ata que ela apareceu Agora só soño con fuxir, saír de min Agora tan só quero dicir adeus, non amencer Máis alén do mar cobra luz a escuridade Máis alén do mar os soños son realidade máis alén do mar….! ¿Cánto tempo me queda? ¿Cánto tempo estarei agardando? O sufrimento agochado entre os dentes, unhos beizos que esqueceron sorrir, ese cravo ahí no peito... Tan só quero unha caricia da morte, un bico sen bágoas, derradeiro adeus, amencer alén do mar Neste cárcere da vida Nesta tortura que é vivir Neste leito esmagado Vive un cadáver lapidado Encerrado no cárcere da vida Condeado á inxustiza que é vivir
5.
É algo que non podo ter nin sofrer, sen mirar cara atrás ou esquecer nun bar. Non poder nin tocar, nin falar, nin bicar, e tampouco ser quén de parar de pensar... no tempo que perdín, ou cómo saír de aquí. O tempo que perdín... Non aturo pensar que algo máis poida ir mal. Perder todo ou quizais gañar algo sen par. Por non ter o valor de poder decidir, e albiscar unha vida sen medo a sofrila... non hai máis que falar eu teño que actuar non hai máis que falar tan só me sinto mal e teño que actuar. Tan só me sinto... mal mal Pode que nunca consiga o que quero, se é que sei que quero o que penso que quero. A miña confusión só se explica con dor, e non sei se actuar ou voltar cavilar. A miña vontade é o maior culpable A miña vontade é o maior culpable ...culpable... ...culpable... Non vivo, non sinto o que levo no peito que di que espabile e me ferve por dentro. que di que espabile A miña vontade é o maior culpable. Non vivo, non sinto o que levo metido dentro do ...culpable... peito Tan só podo soñar con poder acadar e algún día espertar. Sentimentos cambiantes de raiba e carraxe sen poder trocalos por algo agradable. A vida é unha boa prostituta que cobra con creces tódalas dúbidas. Busquei mala axuda na pena ou na furia sabendo que nunca mitigan a culpa, sabendo que non toparei solución a unha vida que fere, que afoga e mutila. O tempo que perdín, ¿Cómo saír de aquí? O tempo que perdín... Non hai máis que falar, só teño que actuar. Tan só me sinto... mal mal Non chores, non penses nalgo que se acaba. Se ti o permites só ti o mereces. Cambia ou torna un tolo solitario, ou vive chorando, axeonllado. A miña vontade é o maior culpable A miña vontade é o maior culpable ...culpable... ...culpable... Non vivo, non sinto o que levo no peito que di que espabile e me ferve por dentro. que di que espabile A miña vontade é o maior culpable. Non vivo, non sinto o que levo metido dentro do ...culpable... peito Tan só podo soñar con poder acadar e algún día espertar. Iiiiaaaaaaaaaaaaaaaaa weeeeeeeeeeeeeeeeee

credits

released March 2, 2014

Escrito e grabado por Morne

license

all rights reserved

tags

about

Morne Lalín, Spain

contact / help

Contact Morne

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Morne, you may also like: