1. |
Intro
01:22
|
|||
2. |
Cinzas dos Devanceiros
05:52
|
|||
Tempo atrás a nosa xente coidaba do seu cousa que se perdeu
Non fai moito só se tomaba por necesidade e agora tanto ten
Qué herdamos...
Esquilmar as terras, esgotar colleitas, deforestar por gañar catro pesos máis
Nunca máis a nosa terra poderá perdoar as feridas (inflixidas) ó seu chan
Qué herdamos
e qué deixaremos
en pé... cinzas
dos devanceiros
¿Estamos no mundo para o arrasar?
coa economía salvaxe,
sen piedade, ¿qué deixará
tras de si o capital?
Ríos cheos de metais pesados para regar as colleitas que mañá comerás
Montes de lume que arderán asolagados pola cobiza dalgún can
Qué herdamos
e qué deixaremos
Terras esnaquizadas por máquinas para construír outra nova cidade de verán
Gases, vapores acedos no ar que disfrutamos tódolos días ao respirar
Qué herdamos
e qué deixaremos
en pé... cinzas
dos devanceiros
¿Estamos no mundo para o arrasar?
coa economía salvaxe,
sen piedade, ¿qué deixará sen piedade
tras de si sen piedade
o capital? sen piedade
¿Cántas veces a nosa terra poderá perdoar?
|
||||
3. |
Moendo
04:31
|
|||
¿quen ten o poder quen nos domina ?
¿quen pon as súas leis nas nosas vidas?
Como se fosemos gando
Coutan e muxen en nos
Usando a falsa xustiza
Puta sempre ao seu favor
Ladróns que nos poñen as leis
Enchen o saco
Políticos curas e reis
Dende o seu pazooo….
Póñenlle prezo a vida
E cobran tamén da morte
Abrennos tantas feridas
Para non saber nin cal nos doe
Aquí fan unha guerra
Creando enfermidades
Esquécense dos nenos
Da xente que morre de fame
Regos de sangue e dor
Corren polas súas mans
Queren e rinse de nos
E poderíano pagar…
¿ Quen ten o poder quen nos domina ?
¿Quen pon as súas leis nas nosas vidas?
Os ricos fanse mais ricos
Os pobres vanse morrendo
E os que quedan ven a vida
Como se vai podrecendo..
Ben sei que vos dades conta
Que nos estades moendo
Empezade a terme medo
Pois eu estouvos temendo
Nos estades moendo…
Empezade a terme medo…
Soltade o saco…
Iredes para o burato….
¿Quen ten o poder quen nos domina?
¿Quen pon as súas leis nas nosas vidas?
|
||||
4. |
Alén
06:54
|
|||
Síntome soio mátame a tristura, síntome atado a unha pecha amargura
Paso o tempo vivindo no inferno, escravo do fado
Pasa o tempo e segue o lamento, e xa non sae, afincouseme dentro
Noites escuras ollando pro teito, sepúltanme as lapas neste pesadelo
Pecho os meus ollos e fico en silencio, busco refuxio, agocho o meu medo
Aterrorízame pensar en mañán,
aterrorízame pasar un día máis
os días son fríos e as noites moi escuras
Encerrado no cárcere da vida
Condeado á inxustiza que é vivir
Cercado entre catro paredes
Agonizando entre estas catro paredes
Soñaba con acadar as ilusións e vivir
Soñaba con ser eu ata que ela apareceu
Agora só soño con fuxir, saír de min
Agora tan só quero dicir adeus, non amencer
Máis alén do mar cobra luz a escuridade
Máis alén do mar os soños son realidade
máis alén do mar….!
¿Cánto tempo me queda?
¿Cánto tempo estarei agardando?
O sufrimento agochado entre os dentes, unhos beizos que esqueceron sorrir,
ese cravo ahí no peito...
Tan só quero unha caricia da morte, un bico sen bágoas, derradeiro adeus,
amencer alén do mar
Neste cárcere da vida
Nesta tortura que é vivir
Neste leito esmagado
Vive un cadáver lapidado
Encerrado no cárcere da vida
Condeado á inxustiza que é vivir
|
||||
5. |
||||
É
algo que non podo ter nin sofrer,
sen mirar cara atrás ou esquecer nun bar.
Non poder nin tocar, nin falar, nin bicar,
e tampouco ser quén de parar de pensar...
no tempo que perdín,
ou cómo saír de aquí.
O tempo que perdín...
Non aturo pensar que algo máis poida ir mal.
Perder todo ou quizais gañar algo sen par.
Por non ter o valor de poder decidir,
e albiscar unha vida sen medo a sofrila...
non hai máis que falar
eu teño que actuar
non hai máis que falar
tan só me sinto mal
e teño que actuar.
Tan só me sinto... mal mal
Pode que nunca consiga o que quero,
se é que sei que quero o que penso que quero.
A miña confusión só se explica con dor,
e non sei se actuar ou voltar cavilar.
A miña vontade é o maior culpable A miña vontade é o maior culpable
...culpable... ...culpable...
Non vivo, non sinto o que levo no peito
que di que espabile e me ferve por dentro. que di que espabile
A miña vontade é o maior culpable.
Non vivo, non sinto o que levo metido dentro do ...culpable...
peito
Tan só podo soñar
con poder acadar
e algún día espertar.
Sentimentos cambiantes de raiba e carraxe
sen poder trocalos por algo agradable.
A vida é unha boa prostituta
que cobra con creces tódalas dúbidas.
Busquei mala axuda na pena ou na furia
sabendo que nunca mitigan a culpa,
sabendo que non toparei solución
a unha vida que fere, que afoga e mutila.
O tempo que perdín,
¿Cómo saír de aquí?
O tempo que perdín...
Non hai máis que falar,
só teño que actuar.
Tan só me sinto... mal mal
Non chores, non penses nalgo que se acaba.
Se ti o permites só ti o mereces.
Cambia ou torna un tolo solitario,
ou vive chorando, axeonllado.
A miña vontade é o maior culpable A miña vontade é o maior culpable
...culpable... ...culpable...
Non vivo, non sinto o que levo no peito
que di que espabile e me ferve por dentro. que di que espabile
A miña vontade é o maior culpable.
Non vivo, non sinto o que levo metido dentro do ...culpable...
peito
Tan só podo soñar
con poder acadar
e algún día espertar.
Iiiiaaaaaaaaaaaaaaaaa
weeeeeeeeeeeeeeeeee
|
Streaming and Download help
If you like Morne, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp